Os días 6 e 7 e xuño disputarase o XXI torneo de fútbol base benxamín, prebenxamín e biberón que organiza a SD Ribadeo

Os días 6 e 7 de xuño, sábado e domingo, disputarase o XXI Torneo de Fútbol Base Benxamín, Prebenxamín e Biberón, que organiza a SD Ribadeo.

No evento daranse cita 56 equipos procedentes na súa maioría de Asturias e de Galicia e tamén de Cantabria e Castela-León. Arredor de 800 xogadores, con idades comprendidas entre os 3 e os 9 anos, disputarán o torneo. 5 equipos xogarán na categoría biberón, 19 na prebenxamín e 32 na benxamín. O torneo desenvolveranse no estadio municipal Pepe Barrera, no Ceip Gregorio Sanz e no Campo da Vía.

Na presentación do XXI Torneo de Fútbol Base Benxamín, Prebenxamín e Biberón da SD Ribadeo participaron o alcalde, Dani Vega; o técnico municipal de Deportes, Iván López; a secretaria da SD Ribadeo, Mª José Tella; o coordenador de Fútbol 8 da SD Ribadeo, Aitor García; o deputado provincial Dani García; o concelleiro Marcos Villamil; así como a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.

Organiza a SD Ribadeo, coorganiza a Secretaría Xeral para o Deporte e colaboran Concello de Ribadeo, Acisa, Deputación de Lugo, Gadis e Eroski.