Os Reis Magos farán parte do seu percorrido por Burela en tren o 5 de xaneiro

Os Reis Magos farán parte do seu percorrido por Burela o día 5 de xaneiro, luns, en tren.

O Concello de Burela anuncia que desde as 18:30 horas “o tren das súas maxestades irá dende a rúa Camiño Real a avenida Rosalía de Castro, dende onde irán a pé ata a praza da Mariña. Alí haberá chocolatada, rosconada e o gran sorteo de Nadal, con 3.000 euros en vales de compra. Mil grazas á Sociedad Cultural Recreativa Ledicia e a ACIA Burela polo seu traballo e colaboración”.