Oural e Ferreira, en Lourenzá, recupera as súas festas na honra a San Xosé. Serán do 10 ao 12 de maio

Despois de varios anos sen celebrarse Oural e Ferreira, no municipio de Lourenzá, recuperan as súas festas na honra a San Xosé. Serán do 10 ao 12 de maio.

As actividades empezarán o venres 10 ás 21:30 horas cunha cea baile, que estará amenizada polo dúo Belinda e o DJ Billy.

O sábado 11 haberá misa solemne ás 13:30 horas e despois procesión e sesión vermú co dúo Ángel América e co DJ Pérez.

E as festas rematarán o domingo 12, día no que se celebrará misa solemne ás 13:45 horas e a continuación procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Matices.