A Peña Deportivista Pardo de Cela, de Alfoz, celebrará o 3 de setembro o vinte aniversario da súa creación.

A partires das 14:00 horas está previsto un xantar de conmemoración da fundación da peña que terá lugar no Souto de Correlos, ao pé do bar San Pedro en Alfoz. Consistirá nunha sardiñada e churrascada cun aperitivo sorpresa, a un prezo de 10 euros con pan, viño e café incluídos. A celebración desenvolverase nun espazo con mesas e zona cuberta.
Contarase coa presenza de varios membros do consello de administración do R.C. Deportivo de A Coruña e máis da Federación de Peñas.

Actuará o Trío Forza Dépor e durante a conmemoración presentarase a bufanda oficial da Peña Deportivista Pardo de Cela.