A compañía Píscore presentará este sábado, 16 de xaneiro, en Burela o espectáculo Concerto Singular. A representación, dirixida ao público familiar, terá lugar no Auditorio Municipal ás 18:30 horas. A entrada será de balde.
Nesta montaxe, que gañou o Premio do Público no Festiclown 2017, os músicos Félix Rodríguez, Pepe Varela, Diego Rosal e Pablo Cabanelas se enfrontan a un gran conflito, 16 baquetas e unha única marimba. Eles estarán dispostos a facela soar da maneira máis orixinal e asombrosa e organizarse non vai ser fácil.
Píscore fainos chegar a mellor música e moito humor nun concerto singular, nunha proposta que se encadra n aliña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Burela, Área de Cultura da Deputación de Lugo e Cultura Activa.