
Este mércores, 10 de decembro, presentouse oficialmente o Festival das Minas, de A Pontenova, que se celebrará este sábado, día 13 de decembro. O acto contou coa presenza do alcalde, Darío Campos, e de Noé Rodríguez, en representación da Asociación Cultural Deportiva As Minas, entidade organizadora do evento.
Desde a organización agradeceron o apoio recibido do Concello da Pontenova, Xunta de Galicia e Deputación de Lugo. Ademais de numerosas empresas e particulares que colaboran para facer posible unha nova edición deste festival “tan querido. Unha cita que xa é un referente cultural no noso concello”, anuncia o Concello de A Pontenova.
As actividades comezarán ás 12:00 horas coa actividade infantil Saaabor! ; ás 14 horas haberá unha sesión vermú; ás 20:00 horas empezará unha degustación gratuíta de callos na carpa da asociación organizadora do evento; ás 22:00 horas terá lugar o show Continueixon, de Roberto Vilar; e ás 23:45 horas La Disquetera ofrecerá unha sesión musical.


