
Valín Libros presentará en Ribadeo a reedición facsímile da publicación titulada Historia fin de siglo: descripción histórico-geográfica de la provincia de Lugo con las biografías de sus habitantes e hijos más notables en el último año del siglo XIX, do médico Antonio Correa Fernández, unha obra publicada en 1900 con financiamento da Deputación Provincial e editada pola Tipografía de A. Villamarín (Armañá, 2, en Lugo). A presentación será este sábado, día 17 de xaneiro, na Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo El Viejo Pancho ás 12:00 horas. Intervirán Martín Fernández Vizoso, xornalista e escritor; Luis Emiliano Correa Fernández de Carrascosa, neto do autor, e Xosé Manuel Valín Barreiro, editor do libro.
No 125 aniversario da publicación de Historia fin de siglo, Valín Libros saca á rúa a edición facsímile desta “importante obra do polifacético médico lucense Antonio Correa. O autor aborda a xeografía, a economía, a demografía, etcétera, da provincia de Lugo no ano 1900. Inclúe, como o título indica, biografías dos principais protagonistas da cidade naquel intre. Este libro é unha copia exacta do editado pola Tipografía Villamarín no ano 1900”.


