
O Concello de Barreiros e A.F O Arco da Vella presentan a 42° edición do Festival Folclórico Internacional do Emigrante considerada Festa de Interese Turístico Galego.
A alcaldesa, Ana Ermida e o concelleiro e deputado provincial Daniel García acompañaron na presentación a membros da A.F O Arco da Vella, que preside Enrique Penabad.
Este sábado, día 2 de agosto, ás 21:30 horas no campo de fútbol As Valgas terán lugar as actuacións da Agrupación Santa Ana (Tenerife), Rancho Folclórico das Lavradeiras de Vila Franca (Viana do Castelo-Portugal) e da agrupación local a A.F O Arco da Vella.
Hoxe, venres, a A.F O Arco da Vella organiza a xa tradicional Foliada do Emigrante na Praza do Souto, que este ano contará con carpa. Colaboran no evento o Concello de Barreiros e a Vicepresidencia da Deputación provincial.