
A carreira San Silvestre deste sábado, 30 de decembro, está organizada polo Club Deportivo Egovarros e conta coa colaboración do Concello de Viveiro, así como da Deputación de Lugo e o Club Ciclista Viveiro.
“Dende o Concello de Viveiro apoiamos a celebración desta proba, unha forma deportiva de pechar o ano que fomenta a participación de todas as idades”, sinala o concelleiro de Deportes, Eleazar Rodríguez, que anima "á veciñanza a participar e a vestir prendas de Nadal na proba".
As inscricións serán gratuítas para a categoría de menores, mentres que para a categoría absoluta, a cota de inscrición será de 5 euros a pagar polo sistema bizum ao teléfono 650 930 940.
As inscricións tramitaranse realizando o pago e indicando os datos das persoas participantes ao e-mail a egovarros@gmail.com ata o día 28 de decembro de 2023.