Semana Santa de compras na rúa e de propostas gastronómicas en Foz

Hoxe, día 2, da comezo unha nota edición das Santas Tapas, que organiza Acia Foz-CCA. 

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou que “chega unha nova edición das nosas Santas Tapas. Os pequenos bocados elaborados polos oito locais participantes poderanse degustar tanto ao mediodía como pola noite desde hoxe e ata o vindeiro sábado, día 4”. Trátase de: A Rambla-Pachán, Anduriña, Dandy, Espacio Machete, Marexada, Mexideli, Tangarta e Xoyma.

A Rambla-Pachán ofrecerá salpicón de pescada; Anduriña copa de salpicón de polbo con variedade de vinagres e piruleta de cebola; en Dandy poderase degustar lombo de bacallau sobre crema de escalivada; en Espacio Machete ofrecerán Sloppy Joe; as persoas que se acheguen a Marexada saborearán mini bocata de pito crujiente, salsa de mel e mostaza con toque de mango e brotes tenros; en Mexideli ofrecerán quesadilla de masa azul receha de pulled pork con BBQ picante; no Tangarte haberá rústica de mar ou rústica de corral; e en Xoyma os asistentes degustarán pozo mouro. 

O prezo das tapas será de 3 euros. Desde a organización recomendan consultar os horarios en cada local. 

Comercio na Rúa
Ademais onte arrincou con moi bo ambiente unha nova edición do Comercio na Rúa Fóra Stocks na que se dan cita trinta e dous negocios. Durante as xornadas Fóra Stocks, que continúan hoxe, Xoves Santo, e tamén o sábado día 4 os establecementos comerciais adheridos a esta campaña sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais. 

José Carlos Paleo comentou que “esta é unha boa ocasión para facerse con infinidade de produtos a prezos moi interesantes. O tempo estanos a acompañar, a xente pasea pola rúa e aproveita para ver e mercar aquilo que precisa ou que lle gustou para darse un capricho”. 

Nesta nova edición de Fóra Stocks participan: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Ártico, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mi Casa, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Thecé, Unique, Vas´s, Vas´s Oulet e Xoguetería Bahía. 

Para ambas campañas Acia Foz-CCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.