O auditorio da Casa da Cultura de Burela acollerá a representación da obra 'Ándale, Bon appétit!', a cargo de Teatro dos Ghazafelhos. O espectáculo terá lugar este sábado, día 18 de maio, ás 18:00 horas e a entrada terá un prezo de 3 euros. Poderanse comprar a partir das 17:30 horas do día da representación na propia Casa da Cultura.
O Concello de Burela explica que “a compañía escolleu México como escenario desta nova produción escrita por Pepablo Patiño, unha reposición da aclamada 'Bon appétit!', representada máis de 110 veces en toda Galicia. Nela tres divertidos chefs prepararán novos e deliciosos pratos que enderezarán con humor e acompañarán de personaxes como Pancho Villa ou Frida Kahlo. Trátase dun espectáculo para público infantil e familiar, a partir de 6 anos, e é a produción número 29 da compañía naronesa desde o seu nacemento en 2006”.