Teatro Ghazafelhos representará o 16 de marzo en Viveiro a obra "A nena e o grilo máis aló". Trátase dun espectáculo para maiores de 3 anos.

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 16 de marzo, a representación de "A nena e o grilo máis aló", a cargo de Teatro Ghazafelhos. Dará comezo ás 18:00 horas e está dirixida a nen@s maiores de 3 anos.

Conta a historia da nena e o grilo que esmagan sen querer á súa amiga, a araña Xertrude. Buscando un xeito de devolverlle á vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos, onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.

Baixo a dirección de Pepablo Patinho quen, xunto a Magín Blanco, tamén é autor da obra, o elenco de actores e actrices está formado polo propio Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas, e Magín –guitarra e voz- e Cristian Legiero –teclado-.