Vilaoudriz, na Pontenova, prepárase para celebrar as súas tradicionais festas na honra da Virxe dos Dores os días 13, 14 e 15 de setembro. O evento terá lugar no campo cuberto, baixo unha carpa que acollerá todas as actividades programadas.
As festas darán comezo o venres 13 de setembro ás 22:00 horas cunha gran churrascada no campo da festa, servida por Trastoy Eventos. O menú estará composto por empanada, xamón cocido, churrasco de porco, chorizo criollo e roxo, ademais de bebida, sobremesa e café. Os tíckets para a churrascada pódense adquirir contactando coa comisión organizadora, composta por Pepe (609282913), Iván (660002294) e Luis (609600427). Os prezos serán de 20 euros para adultos, 10 euros para nenos de 6 a 12 anos, e gratuíto para os menores de 6 anos. O prazo límite para a compra de tíckets será o 11 de setembro. Tras a churrascada, a noite rematará cunha verbena amenizada polo DJ Bombardero.
O 14 de setembro a xornada festiva comezará cunha misa ás 13:00 horas na igrexa parroquial, seguida da tradicional procesión. A continuación, terá lugar unha sesión vermú co Grupo Tormenta. Pola noite, a festa continuará cunha verbena amenizada polo Grupo Tormenta e o Dúo Zafiro.
O 15 de setembro a celebración concluirá cunha sesión vermú a cargo do Dúo Zafiro.