Villapercide (Trabada) celebra as festas de San Miguel do 29 de setembro ao 1 de outubro.

Villapercide, no municipio de Trabada, celebra as festas na honra de San Miguel esta fin de semana, desde o venres 29 de setembro ata o domingo 1 de outubro. O recinto estará cuberto con carpa.

O venres empezarán os actos ás 12:00 horas con misa solemne seguida de procesión e sesión vermú coa disco móbil The Sound Project. Pola noite haberá verbena co grupo Los Coleguitas. De 20:30 a 00:00 horas Pulpería Mario, de Lugo, servirá churrasco, polbo e xamón cocido.

Para o sábado a programación inclúe misa solemne ás 13:30 horas seguida de procesión e sesión vermú co grupo Superstar e a disco móbil The Sound Project, que tamén estarán na verbena.

E o domingo celebrarase misa solemne ás 12:00 horas seguida de procesión e sesión vermú co grupo de gaitas Illa Pancha e a disco móbil The Sound Project.