
O mércores 21 de maio, de 19:00 a 21:00 horas, celebrarase na Sala Multiusos do Concello de Viveiro un obradoiro sobre novos modelos de innovación nos sectores do turismo e o comercio, no marco do programa Conecta Lugo, organizado pola CEL e financiado polo IGAPE.
O Concello de Viveiro anuncia: “durante a xornada, abordárase como innovar nestes sectores e presentaranse diferentes liñas de axuda e apoios públicos dispoñibles. Contaremos coa participación da Oficina Económica de Galicia, o IGAPE e a Axencia Galega de Turismo, da man de Paloma Vázquez, ademais de representantes de negocios punteiros que compartirán os seus casos de éxito. Peche con espazo de networking e picoteo”.
A asistencia é gratuíta, pero as prazas son limitadas.