O 6 de agosto haberá unha Xornada de Ciencia en Ourol. Está organizada polo grupo de mozos e mozas Ourelo.

O 6 de agosto haberá unha Xornada de Ciencia en Ourol. Está organizada polo grupo de mozos e mozas Ourelo.
 
O grupo Ourelo coa colaboración do Concello de Ourol e a través do programa iniciativa Xove, organiza o 6 de agosto unha Xornada da Ciencia.
 
Dará comezo ás 16:00 horas na praza do Concello, e haberá sinxelos experimentos científicos que os nenos e nenas poderán realizar, xogos, fósiles, fluídos non newtonianos, experimentos con xeo seco, foguetes, efectos especiais, química do amor, coche de hidróxeno e moitas cousas que descubrirán a parte máis divertida da ciencia.
 
A entrada é libre e de balde. En caso de choiva a xornada celebrarase no Pavillón municipal.