Cabezudos

Etiquetas:
28/07/2026

O Concello de Viveiro anuncia que o luns 3 de agosto abrirase o prazo de inscrición para os nenos e nenas que desexen participar como portadores dos enanitos dos cabezudos durante os tradicionais desfiles das festas patronais.

Os cabezudos sairán polas rúas de Viveiro do 10 ao 15 de agosto, “formando parte dun dos actos máis emblemáticos e agardados das festas de San Roque e Nosa Señora, unha tradición que cada ano reúne a numerosas familias e enche de ambiente o centro histórico da cidade”, explica o Concello de Viveiro, que engade: “a actividade está dirixida a pícaros e pícaras de entre 7 e 12 anos. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata completar as prazas dispoñibles. As inscricións poderán realizarse no Teatro Pastor Díaz, en horario de 9:00 a 14:00 horas, tendo preferencia a inscrición presencial. Cada persoa poderá...

leer más
Etiquetas:
01/08/2025

O Concello de Viveiro anuncia que o luns 4 de agosto abrirase o prazo para inscribir aos nenos e nenas que desexen participar acompañando aos cabezudos nas tradicionais saídas polas rúas durante as festas patronais, do 11 ao 15 de agosto.

“A actividade está dirixida a pícaros e pícaras de entre 7 e 12 anos, que levarán as cabezas de enanitos e formarán parte do pasarrúas xunto aos cabezudos. Cada neno ou nena poderá participar un só día. A inscrición poderá realizarse no Teatro Pastor Díaz, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá anotar un máximo de 4 nenos/as. As prazas estarán dispoñibles ata cubrir o límite establecido, e adoitan completarse en poucas horas, polo...

leer más
Etiquetas:
01/08/2023

O mércores, 2 de agosto, ábrese o prazo para anotarse para levar os ananiños dos cabezudos, que sairán do 12 ao 15 de agosto durante as festas patronais de Viveiro.

Poden participar nenas e nenos de 7 a 12 anos. O prazo estará aberto ata cubrir as prazas. A inscrición debe facerse no Teatro Pastor Díaz de 9 a 12 horas ou chamando por teléfono ao 982 56 01 62

Cada persoa pode anotar un máximo de 4 nen@s

Etiquetas:
05/08/2018

O Concello de Viveiro abre este luns, 6 de agosto, o prazo para anotarse para levar os ananiños dos cabezudos que sairán dos días 10 ao 15 de agosto.

A convocatoria é para nenos e nenas con idades entre 6 e 12 anos.

O prazo está aberto ata cubrir as prazas. As inscricións realizaranse no Teatro Pastor Díaz, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou nos números de teléfono 982 560 162 e 982 560 128.