pump track

09/10/2025

O Complexo Deportivo de Trabada acollerá unha exhibición de pump track este sábado, día 11 de outubro desde as 11:30 horas.

Haberá exhibición e nocións técnicas a cargo de Kevin Broda (piloto oficial Haibike) e Iván García (campión galego de Pump Track).

“Ven coa túa bicicleta e aprende a desfrutar do pump track!”, anuncian os organizadores.

Esta actividade é gratuíta e para os participantes o casco é obrigatorio.

18/08/2025

O Concello de Trabada vén de rematar as obras de construción do novo circuíto de pump track, unha instalación deportiva que supuxo un investimento de máis de 50.000 euros grazas ao convenio asinado coa Deputación de Lugo. Este novo espazo intégrase no complexo deportivo municipal, que xa conta cunha pista de pádel, unha pista multideporte, un campo de bolos tradicional, unha tirolina e un tobogán, “consolidando así a área como un punto de referencia para o lecer e a práctica deportiva no concello”.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a boa acollida desta infraestrutura: “desde o primeiro día no que se remataron as obras, o circuíto de pump track recibiu visitantes e usuarios diariamente. É unha satisfacción comprobar que este investimento responde a unha demanda real e que a veciñanza xa o está desfrutando.”...

leer más
31/05/2024

O parque deportivo e de ocio de Xove será inaugurado o día 9 de xuño, domingo. O acto empezará ás 10:30 horas e incluirá unha competición de pump track, da Copa Galicia deste deporte que organiza a Federación Galega de Ciclismo.

Ademais de circuíto para practicar pump track, o parque deportivo e ocio de Xove conta con pistas de skate, zona de calistenia, parking de autocaravanas e zona de recreo.