Ribadeo
O vindeiro mércores, 6 de xaneiro, non haberá mercado semanal en Ribadeo ao tratarse dunha xornada festiva de carácter estatal.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, explicou que “de todos é ben sabido que o vindeiro mércores, 6 de xaneiro, se celebra a festividade de Reis. Por este motivo, por ser unha xornada festiva de ámbito estatal e un día moi especial para as familias e a súa xente miúda, non teremos o mercado semanal dos mércores”.
O primeiro mercado semanal de 2021 será o 13 de xaneiro. Vizoso Galdo aproveita a ocasión para desexarlles ás e aos ribadenses “un feliz aninovo, no que todos xuntos poidamos ir vendo a claridade ao final do túnel que supuxo a chegada do covid ás nosas vidas”.
Acisa anima a los ribadenses a dar la bienvenida al año nuevo desde las ventanas y balcones después de la uvas. A las 00:10 Ribadeo está convocado para dar un gran aplauso al 2021.
A través de whatsapp y de las redes sociales se hace esta convocatoria, que incluirá una sorpresa: “por nuestros comercios, por nuestra hostelería, por nuestros servicios… por los ribadenses, gracias a los cuales los negocios de Ribadeo estamos saliendo adelante”.
De esta forma la asociación quiere rendir homenaje al comercio, a la hostelería y al sector servicios por el año tan complicado que han pasado y a toda la ciudadanía por el apoyo de estos meses y con el que aguardan seguir contando en el futuro.
Desde Acisa felicitan el 2021 a todos los/as ribadenses, a la vez que les piden que actúen con...
leer másA concepción dramatúrxica da directora de Palimoco Teatro, Paloma Luxilde, e que xa adoptara hai anos coa obra O Público, sitúa aos espectadores e espectadoras no propio escenario. É por isto polo que o número de entrada é só para 25 persoas.
A función comezará ás 20.00 no Auditorio Municipal Hernán Naval e desde as 19.30 darase paso ao público por estrita orde de chegada ata completar os 25 asentos.
Esta función, de entrada gratuíta, está promovida pola Deputación de Lugo dentro do programa PROSCENIO.
“ONDE SITUAR A OBRA?
Presente en todo o poemario está por unha parte o faio da súa infancia e os tellados de Nova York. Partindo diso, creamos unha escenografía en 360 graos, onde estes tres personaxes poderían estar entre o faio da casa de Lorca en Granada e por outra parte...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá este ano o seu tradicional concerto Aquí como en Viena en dúas sesións, este sábado 26 e o domingo 27, ás 20:30 horas, no auditorio Hernán Naval. As dúas actuacións serán con aforo reducido debido ás restricións sanitarias en vigor. O primeiro dos concertos será só para familiares dos músicos e o segundo para o público en xeral e retransmitirase a través de facebook.
O director da Banda, David Ballester, explica que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai facer o seu tradicional Aquí como en Viena, pero vai ser diferente pola situación que estamos a vivir e que condiciona a realización do concerto. Dende a asociación Amadores da Música e dende o Concello pensamos que a mellor opción é dividir o concerto en dúas sesións, co cal este ano imos levar a cabo o sábado 26 de decembro ás 20:30...
leer másViveiro e SD Compostela disputarán o LXIX Trofeo Emma Cuervo o vindeiro 30 de decembro. Arredor de 300 persoas poderán asistir ao encontro que foi presentado hoxe no Concello. No acto participaron, entre outros, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e o presidente do Ribadeo FC, Pedro Posada.
O presidente do club organizador anunciou que “o trofeo celebrarase o día 30 de decembro ás catro da tarde no estadio Pepe Barrera, entre os equipos de Viveiro CF e a Sociedade Deportiva Compostela. É a 69 edición e non é unha data especialmente importante para facer o partido, mais era prioritario que non pasara o ano 2020 sen que fixéramos unha nova edición. Era moi importante para a nova xunta directiva celebrar o trofeo aínda que sexa nunha data pouco frecuente porque, como sabemos todos, se celebra...
leer másVaivén Circo presenta o día 30 deste mes, mércores, en Ribadeo o seu espectáculo Esencial, co que está percorrendo toda España. Desde a súa creación, no ano 2008, esta compañía recibiu numerosos galardóns entre os que destaca o Premio Nacional de Circo en 2016.
Este espectáculo terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval ás 19:00 horas con entradas numeradas gardando as distancias de seguridade, aforo reducido e demais medidas contra o Covid 19. As entradas xa están á venda en www.ataquilla.com.
Está organizado por Game Over Productions xunto co Concello de Ribadeo dentro do programa Platea do INAEM. Os seus responsables de Game Over destacan “a gran calidade de Vaivén Circo e en concreto deste espectáculo familiar, que fala de transicións. Cinco personaxes que xogan, que...
leer másEl restaurante O Cabazo, de Ribadeo, cierra sus puertas el próximo 23 de diciembre, manteniendo únicamente servicio de desayunos y cenas a los huéspedes alojados y la cafetería abierta al público en general. Además, durante estas navidades ofrecerá servicio de recogida de comida para llevar con una carta especial. Habrá que reservar previamente.
Desde la dirección de O Cabazo, Juan López y Carmen García, explican que “ha sido una dura decisión y después de meditarlo mucho, teniendo en cuenta la situación sanitaria actual, las reducciones de aforo, las restricciones de movilidad… hemos decidido cerrar nuestro comedor, ofreciendo únicamente servicio de desayunos y cenas a aquellos clientes que estén alojados, puesto que la parte de hotel seguirá funcionando como habitualmente”.
Los propietarios de O Cabazo,...
leer másAcisa e Gasóleos Abelleira poñen en marcha unha campaña de apoio aos negocios locais asociados. Trátase de 17.000 tarxetas cun desconto de 0,10 euros/litro de combustible que se poderán obter ao comprar e consumir nos comercios e na hostalería de Ribadeo.
Desde Acisa e Abelleira explican que “as 17.000 tarxetas estarán repartidas nos negocios asociados a Acisa e poderán facerse con elas as persoas que compren nos nosos comercios ou que consuman na nosa hostalería entre hoxe, 19 de decembro, e o vindeiro 28 de febreiro.O gasto deberá ser superior aos 10 euros e só se entregará unha tarxeta por cada compra dese importe”.
E subliñan que “as tarxetas son descontos de 0,10 euros por litro de combustible sen límite nos litros de reposición. E será de aplicación unicamente na estación de servizo que se atopa situada no...
leer másA Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo organiza o Mercadiño de Nadal que dará comezo mañá, 19 de decembro, na contorna da praza de abastos. Conta con 14 postos nos que se poderán atopar produtos de alimentación, artesanía, decoración de Nadal ou cerámica, entre outros. Estará aberto ata o 5 de xaneiro e haberá un amplo programa de actuacións musicais, teatrais e de maxia durante estas datas.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “o Concello de Ribadeo, a través da Área de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo, desenvolverá este ano por primeira vez o Mercadiño do Nadal facéndoo cadrar coas datas propias desta época. Nesta ocasión, e dadas as circunstancias sanitarias, optamos por celebrar un Mercadiño do Nadal máis reducido, aínda que máis estendido no tempo, dende o 19 de decembro ata o 5 de...
leer másA Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 20 de decembro, unha actuación de Mamá Cabra que presentará A fraga do meu avó. Terá lugar no Auditorio Municipal ás 17:30 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.
O espectáculo, dirixido ao público infantil e familiar, conta que a fraga do meu avó está chea de carballos que case tocan o ceo, castaños, bidueiros, loureiros, bieiteiros, abeleiras e moitas árbores que sempre deron moitísimo máis que madeira. Agochados entre eles andan paxaros como a pega marza, a estreliña do norte, o paporrubio real e a curuxa. E percorrendo os seus camiños están a píntega, os esquíos, o xabaril, o raposo…
A fraga do meu avó é o traballo máis recente de Mamá Cabra que nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron os nosos avós e as nosas avoas. Trátase dun espectáculo...