Bingo Musical
O Concello de Burela continúa coa programación do Orgullo de Vila coa celebración dun Bingo Musical conducido por Marisa Prisa, que terá lugar este xoves, 2 de xullo, a partir das 19.00 horas na Praza do Concello. “A actividade propón unha tarde de música, diversión e convivencia na que as persoas participantes poderán poñer a proba os seus coñecementos musicais, cantar, bailar e compartir unha xornada festiva arredor da diversidade e da liberdade de ser e amar”, anuncia o Concello de Burela, que engade: “durante o Bingo Musical tamén se realizarán sorteos especiais, entre os que se inclúen tickets para The Burguer Top e unha entrada para o Festival Osa do Mar. Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a toda a veciñanza, integrada na programación municipal do Orgullo baixo o lema Ser quen somos, amar como sentimos”.
O Concello...
leer másA Praza dos Campos, de San Ciprián, acollerá un Bingo Musical este xoves, día 2 de xaneiro, ás 19:00 horas. É unha actividade incluída na programación de Nadal do Concello de Cervo, que anuncia: “este Nadal, como novidade, contaremos cun Bingo Musical da man do alumnado de II de Bacharelato en colaboración coa oficina municipal de voluntariado xuvenil”.
Haberá chocolate con sobremesas típicas do Nadal.
Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración de Discomóvil Conxuro.




