Penasagudas
Penasagudas, no municipio de Xove, celebrará a festa de San Isidoro de Monte os días 11 e 12 de abril, sábado e domingo. Está organizada pola asociación Cruz de Loureiro.
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e continuación procesión. Desde as 14:00 horas haberá sesión vermú co dúo Belinda, que tamén amenizará, xunto ao grupo Fénix, o baile que terá lugar a partir das 17:00 horas. Tamén se levará a cabo un concurso de pasodobre e bachata.
E o domingo ás 10:00 horas comezarán unha ruta (andaina, cabalar ou ciclista). A partir das 14:00 horas haberá sesión vermú y desde as 17:00 horas terá lugar un baile.
Os dous días haberá xantar e para participar hai que anotarse previamente a través do teléfono 646.64.76.19. O prazo remata o día 8 de abril.
... leer másPenasagudas, no municipio de Xove, celebrará a festa de San Isidoro de Monte esta fin de semana, sábado 5 e domingo 6 de abril
As actividades comezarán o sábado as 13:00 horas con misa solemne e procesión, ás 14:00 horas haberá sesión vermú co dúo Belinda, ás 15:00 horas terá lugar un xantar e desde as 17:00 horas, baile co dúo Belinda e o grupo Fénix, no que haberá trofeos ás 3 mellores parellas de pasodobre e un trofeo á mellor parella de bachata.
E para o domingo a partir das 10:00 horas está programada unha ruta de sendeirismo (a pé, a cabalo ou en bicicleta); ás 14:00 horas haberá sesión vermú; ás 15:00 empezará o xantar e a partir das 17:00 horas comezará o baile cunha actuación estelar, anuncia a organización, que corre a cargo da asociación Cruz de Loureiro, de San Isidoro de Monte. Tamén destaca que...
leer más




