motor clásico
O Club Clásicos Viveiro organiza a segunda Festa do Motor Clásico de Ourol. Será o día 18 de abril, sábado, na Explanada do Concello.
Desde as 10:00 horas haberá coches clásicos, música en directo con Grupo La Bamba e Aaron DJ, e comida (callos, churrasco, sobremesa e chupito). A participación no xantar é aberta a todos os públicos e pode reservarse ata o día 12 de abril a través do teléfono 659.10.97.30. O prezo é 35 euros.
A organización tamén anuncia: “á noite a festa non para e teremos xamón e chourizos gratis ata fin de existencias”.
Ourol celebrará a súa primeira Festa do Motor Clásico este sábado, día 26 de abril, a partir das 10:00 horas.
Está organizada polo Club Clásicos Viveiro, que anuncia: “o vindeiro 26 de abril esperámoste na explanada do Concello de Ourol para disfrutar da I Festa do Motor Clásico, cun plan cargado de música, motor e bo ambiente. Teremos recepción de coches clásicos a partir das 10:00 horas; sesión vermú amenizada polo grupo Zona Zero; comida servida por Catering Seiramar; á noite xamón e chourizos gratis ata fin de existencias; e verbena amenizada polo grupo Zona Zero e Disco Móvil Olimpo. Ademais haberá sorteos, premios e moitas sorpresas para todos los asistentes. Reservas para a comida ata o 21 de abril nos teléfonos 659.109.730 e 660.108.438”.




