+Mocidade
27/06/2025
O Concello de Barreiros, de cara a favorecer a conciliación familiar e a participación social da mocidade, pon en marcha o programa +Mocidade Barreiros, unha proposta pensada para a rapazada. O programa está dirixido a crianzas nadas do 01/01/2012 ao 31/12/2009 e desenvolverase en dous períodos: do 14 ao 18 de xullo e do venres 8 ao xoves 14 de agosto.
Os prazos de inscrición estarán abertos desde o luns 30 de xuño ata o 3 de xullo e deberá formalizarse nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica do Concello.
Para máis información acerca do programa poden consultarse as bases do mesmo desde a web municipal:...
leer más