Carrillanas

15/07/2025

O IV Descenso de Carrillanas da Pontenova, que nesta ocasión é campionato europeo, disputarase os días 26 e 27 de xullo, sábado e domingo, e foi presentado este martes.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que “colabora co club Motoreo na organización do IV Descenso de Carrilanas da Pontenova, que se celebrará os vindeiros 26 e 27 de xullo. A competición, presentada este martes na Praza dos Fornos da Pontenova, conta nesta edición coa bitola de Campionato Europeo, un fito xa que será a primeira vez que Galicia acolla unha proba deste nivel e a segunda que se celebre en España. A área de Mocidade achega 3.000 euros á organización da proba, na que se prevé a participación de máis dun cento de vehículos, entre eles arredor dunha quincena da Pontenova e dos concellos da contorna. O descenso desenvolverase nun treito entre Vilar das...

leer más