Abertos

Etiquetas:
14/08/2025

Acisa Ribadeo inicia unha nova edición dos Xoves Abertos, que se desenvolverán os días 14, 21 e 28 de agosto. 

A presidenta do colectivo empresarial, Carmen Cruzado, anunciou: “esta iniciativa encherá as rúas da vila de música en vivo e permitirá a veciños e visitantes gozar de descontos e promocións especiais nos comercios adheridos presentando o multipase da campaña. A actividade forma parte da programación especial O noso comercio é vida, vive Ribadeo. Ademais contaremos con propostas moi refrescantes na hostalería local”.

O xerente de ACISA, Jesús Pérez, sinalou que “os Xoves Abertos son unha oportunidade para vivir Ribadeo dunha maneira diferente, desfrutando das nosas tendas, da nosa hostalaría e da nosa música. É un impulso para o comercio local e unha invitación a descubrir todo o que a vila ofrece”.

... leer más