Loia Produccións

30/09/2025

A compañía Loia Producións representará a obra titulada María Visitación Consolación Amadora en Viveiro este sábado, día 4 de outubro. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.

É unha obra teatral contemporánea para público adulto escrita e dirixida por Paloma Lugilde. Do elenco forman parte Aida Cobas, Clara Tallón e Miguel Varela.

O Concello de Viveiro anuncia a sinopse desta obra: “esta peza pretende amosar a vida desas mulleres que, dentro do contexto complexo que lles tocou vivir, conseguiron ter certa autonomía e incluso chegar a gañar máis que os homes en anos nos que isto era inaudito: as costureiras. Cómo reaccionou a sociedade ante este feito? Poñemos o foco en diferentes costureiras da Comarca da Ulloa, abordando o cooperativismo e a soidade, a costura como traballo e/ou expresión...

leer más