economía social
O Concello de Ribadeo organiza os vindeiros 19 e 20 de setembro o Foro de Economía Social, “unha iniciativa que nace co obxectivo de achegar á cidadanía os valores e as oportunidades da economía social, poñer en valor o emprendemento colectivo e favorecer o intercambio de experiencias e coñecementos”, segundo explicou a concelleira de Comercio, Marta Saiz.
A edil ribadense indicou que “o encontro desenvolverase na Praza de Abastos de Ribadeo, un espazo estreitamente vinculado á actividade económica e comercial do municipio, e combinará durante toda a fin de semana foros de debate, actividades, formación, música e dinamización do mercado local”. Saiz contou que “a programación comezará o sábado 19 de setembro cunha xornada dedicada ao Foro de Economía Social, que contará con mesas redondas, participación de persoas especialistas e...
leer másO Concello presenta Ribadeo en Rede, unha serie de encontros e actividades que terán lugar os vindeiros días 11 e 12 de outubro, sábado e domingo.
A concelleira de Comercio, Marta Saiz, explica que “esta mostra, na que se poderá disfrutar da gastronomía, de obradoiros, de música, así como tamén do mercado de produtos da nosa terra, está organizada polo Concello de Ribadeo en colaboración coa Sucadoira e coa Rede EuSumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, na que o Concello está integrada”.
A edil ribadense anuncia que “o programa dará comezo o sábado 11 cunha mesa redonda que levará por título Proxectos en Rede e que servirá para dar visibilidade aos proxectos e entidades que tecen redes e oportunidades no territorio”. Na mesa, que se celebrará na Praza de Abastos, participarán persoas de...
leer más




