bulos machistas

07/11/2025

A concelleira de Sanidade en Foz, Kathy Navarro, anuncia que “nace a Rede de Saúde Local de Foz, unha alianza entre o Concello, os centros educativos públicos de Foz e o Centro de Saúde da mesma localidade, promovida pola Rede Galega de Promoción da Saúde. Esta rede nace como un espazo de colaboración estable e coa vontade de fomentar accións comunitarias e coordinadas destinadas a mellorar a calidade de vida e da veciñanza, entendendo a saúde como un concepto amplo que inclúe non só o aspecto físico, senón tamén o emocional, social e ambiental. Como primeira acción pública, a Rede de Saúde Comunitaria organiza a conferencia Desmontando bulos machistas nas redes, que se celebrará o día 14 de novembro ás 20:00 horas na Casa de Cultura de Foz. Será impartida por Sandra Piñeiro Vilas (presidenta da Audiencia Provincial); Dalila Pazos (maxistrada da Sala do Social nº3 de Lugo) e...

leer más