Valladolid

11/11/2025

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, no marco do Plan de Sostibilidade Turística, participará na 28ª edición da Feira Internacional de Turismo de Interior, INTUR, que terá lugar do 13 ao 16 de novembro en Valladolid, cidade que, xunto co noroeste de Castela e León, alberga un público obxectivo de alto atractivo para a comarca.  

No transcurso desta feira, que cada edición consolida máis a súa proxección internacional, a Mancomunidade estará en contacto, no marco de INTUR Negocios, con axencias de intermediación turística, cos profesionais e provedores de servizos co obxectivo de promover sinerxias e intercambiar información sobre servizos e produtos de potencial interese para o xeodestino.

No seu amplo stand, situado no Pavillón 2 e aberto ao público dende o venres ata o domingo, os visitantes e axentes...

leer más