UNED Foz
A Aula Universitaria da UNED de Foz anuncia que inicia o curso académico cunha “ampla programación durante o mes de outubro, na que se combinan propostas formativas de diferentes ámbitos con actividades de carácter práctico, cultural, divulgativo e de lecer”.
“A formación en linguas terá un papel destacado, coa posta en marcha dos cursos de CELGA 3 e 4, a partir deste xoves, 1 de outubro, e de Inglés B1, repaso pre-exame, que comezará o día 5. A programación incorpora tamén propostas relacionadas co benestar e os hábitos saudables, como o curso Visión natural na era dixital, que dará comezo o 14 de outubro, e unha xornada de adestramento híbrido e brunch, prevista para o domingo 18 pola mañá. Neste ámbito inclúese tamén unha actividade divulgativa con motivo da Semana de Concienciación sobre o Trastorno...
leer másA UNED de Foz inclúe na súa programación para o vindeiro mes de abril oito actividades: sete cursos e a presentación dun libro.
A Aula da UNED de Foz presenta a súa programación de actividades para o mes de abril, cunha “oferta formativa diversa que abrangue ámbitos como a eficiencia enerxética, o desenvolvemento sostible, a preparación de oposicións, o benestar físico, a comunicación ou a educación”.
A programación comezará co curso Eficiencia enerxética no ámbito laboral, que se desenvolverá do 8 ao 29 de abril, en horario de 17:00 a 19:30 horas, en modalidade online. Do 13 ao 16 de abril terá lugar o curso sobre o Estatuto de Autonomía para opositores, en horario de 15:45 a 19:45 horas. “Entre as propostas máis destacadas tamén se atopa o curso Reconectar para Conectar: o poder da...
leer másA Aula Universitaria da UNED en Foz presenta dúas actividades especiais para o mes de decembro: un obradoiro de decoración de galletas de Nadal en inglés e unha campaña solidaria de recollida de alimentos.
A Aula Universitaria da UNED de Foz anuncia que organiza no mes de decembro “dúas propostas destinadas a promover a creatividade, a convivencia familiar, o aprendizaxe lúdico e a solidariedade nestas datas tan sinaladas”.
A primeira proposta será un Obradoiro creativo de Galletas de Nadal en Inglés e terá lugar o 23 de decembro, de 11:00 a 13:00 horas nas instalacións da Aula Universitaria de Foz, dirixido por Leticia Veiga, colaboradora habitual da aula nas actividades de lingua inglesa. A actividade está dirixida a nenos e nenas en idade escolar, que poderán participar acompañados das súas familias...
leer más





