acendido

04/12/2025

Este venres, día 5 de decembro, celebrarase o acendido das luces de Nadal en Burela, con actividades para toda a familia.

“Dende as 17:30 horas na Praza do Concello haberá pintacaras e globoflexia con música a cargo de Festicultores Troupe; ás 19:00 horas, gran chocolatada; ás 19:30 horas, acendido oficial do alumeado, amenizado pola Escola de Música de Burela; e ás 20:00 horas, concerto de Cova do Can Rock na Praza da Mariña”, anuncia o Concello de Burela.