Granada

Etiquetas:
21/02/2026

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha viaxe a Granada desde o 22 ao 28 de xuño. A saída desde Foz será o luns 22 ás 06:30 horas e ás 06:45 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade son: 1.400 euros para socios federados, 1.405 euros para socios non federados e 1.410 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 28 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta actividade, que inclúe tres rutas de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo e anuncia que tamén farán visitas culturais.