reparación

30/03/2026

O venres 10 de abril ás seis da tarde no CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, terá lugar o evento XII do ciclo Soberanía Dixital, neste caso dedicado á Soberanía Tecnolóxica: Xornada de reparación.

O grupo amarinha.gal anuncia que organiza “unha actividade diferente ás anteriores do ciclo, neste caso un repair café ó estilo dos que se están a facer ó longo do mundo, para axudar a que a xente repare vellos (ou non tan vellos) aparellos de todo tipo e poda seguir desfrutando do seu uso. Trátase de incidir na práctica do dereito a reparar como compoñente dunha sociedade mellor, menos despilfarradora de recursos e máis amiga do medio ambiente e a Terra, actuando asemade para axudar a reverter o cambio climático. A...

leer más