O Pasaporte

Etiquetas:
06/05/2026

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) Ribadeo lanza O Pasaporte, unha nova campaña para dinamizar o comercio e a hostalería locais entre o 8 de maio e o 14 de xuño. O broche final será o sorteo, ante notario, dunha viaxe a Lanzarote.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado Iglesias, anunciou que “Ribadeo prepárase para vivir unha experiencia comercial única co lanzamento da nova campaña impulsada por Acisa e denominada o Pasaporte. Trátase dunha iniciativa que combina compras, lecer e premios para incentivar o consumo no comercio e na hostalería locais durante máis dun mes, agora que chega o bo tempo e que os días son grandes e convidan a facer máis vida na rúa”.

O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez Prada, explicou que “desde o 8 de maio ata o 14 de xuño...

leer más