Faba de Lourenzá
A Praza de Abastos de Ribadeo acollerá unha xornada sobre a Faba de Lourenzá, con elaboración de receitas e degustación. Será este sábado, día 9 de maio, ás 12:00 horas dentro do programa Gastropraza.
A asociación Cociñeiros Lugo explica que “a gastronomía galega tamén se constrúe dende o produto, o coñecemento e a maneira de compartilo. O vindeiro sábado 9 de maio ás 12:00 horas na Praza de Abastos de Ribadeo celebraremos unha nova cita de Gastropraza. Cociña de calidade no mercado, desta volta cunha xornada dedicada a un dos grandes tesouros da nosa despensa: a Faba de Lourenzá. Durante a actividade levarase a cabo a elaboración de receitas e degustación, poñendo en valor un produto emblemático da nosa terra, recoñecido pola súa calidade e pola súa fonda vinculación coa cociña galega. Será unha oportunidade perfecta para seguir achegando...
leer más



