Exaltación
Cervo será o escenario da XVII Exaltación da Carne de Porco, “unha cita xa consolidada no calendario festivo e gastronómico do municipio que se celebrará o vindeiro sábado 20 de xuño da man da Asociación Cultural Airiños do Xunco”, anuncia o Concello de Cervo.
No acto de presentación participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e os concelleiros Adrián Arias e Alfredo Fernández, xunto a membros de Airiños do Xunco, na propia Praza do Souto, que será o escenario da cita.
A rexedora puxo en valor o labor que desenvolve Airiños do Xunco na dinamización social e cultural da parroquia e do conxunto do municipio: “é de xustiza recoñecer o enorme traballo que realiza Airiños do Xunco ao longo de todo o ano. Grazas ao compromiso das persoas que forman parte desta asociación, Cervo conta con actividades que...
leer más



