materiais
A Federación de Comercio A Mariña (FCAM) distribúe materiais gratuítos de rebaixas entre as asociacións que a integran. Trátase de 25.000 tarxetas para os prezos co antes e co despois e máis de 1.000 carteis.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que “o obxectivo é asumir custes que doutro xeito terían que afrontar as asociacións de comerciantes da Mariña que están integradas na FCAM. Recorremos a un deseño fresco e estival composto por carteis en dous formatos e as tarxetas para os prezos co antes e co despois”.
Cruzado Iglesias aproveitou a ocasión para animar á veciñanza da Mariña “a mercar tamén nas rebaixas nos negocios locais, nos que temos a carón da casa, eses que crean emprego, que fan e lle dan vida aos nosos pobos. Nos nosos comercios podemos ver, tocar e probar os produtos e se nos gustan...
leer más



