Jesús Pérez

Etiquetas:
08/07/2026

Cada comezo do verán representa unha nova oportunidade para proxectar Ribadeo como un destino turístico de calidade. Un destino que, durante décadas, soubo construír unha imaxe baseada no seu patrimonio natural, na súa riqueza paisaxística, na súa oferta comercial, gastronómica e cultural e, sobre todo, no esforzo diario de centos de empresas que manteñen viva a economía local os doce meses do ano. Por iso resulta inevitable preguntarse se realmente estamos aprendendo dos erros do pasado. Porque, lamentablemente, todo parece indicar que non.

O verán pasado, desde ACISA Ribadeo, facéndonos eco das preocupacións trasladadas polos nosos asociados, xa advertiamos da necesidade dunha mellor planificación da programación turística e cultural. Reclamabamos unha maior coordinación entre administracións e unha visión estratéxica que permitise aproveitar ao máximo os recursos públicos e...

leer más