A Gaceta
Xa está na rúa o décimo número de A Gaceta Ribadense, o xornal que edita Faro Norte Comunicación con motivo da celebración do Ribadeo Indiano. Está sendo distribuído nos negocios e institucións participantes, ademais de nos principais puntos de venda de xornais da vila ribadense.
Esta publicación, que conta con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares, é posible grazas ao extraordinario apoio que recibe en cada edición por parte dos anunciantes e dos autores que colaboran cos seus artigos. Neste apartado este número conta con escritos de Juan López Rico, Carlos Álvarez Lebredo, Aida Álvarez e María José Fernández Azpeitia. E recóllense ademais testemuñas e historias, en formato reportaxe ou entrevista, da pregoeira desta edición do Ribadeo Indiano, a xornalista e escritora María Xosé Porteiro; do director da Banda de Música...
leer más



