Verán Bonito
O Concello de Burela e a Asociación de Hostalaría de Burela presentan a segunda edición de Verán Bonito, unha iniciativa que volverá levar a música en vivo aos establecementos hostaleiros da vila ao longo dos meses de xullo e agosto. A programación, que se desenvolverá entre o 1 de xullo e o 30 de agosto, inclúe máis de trinta actuacións de diferentes estilos e formatos.
“Tras a boa acollida da súa primeira edición, Verán Bonito consolídase como unha proposta destinada a dinamizar a vida social e cultural de Burela durante o verán, ao tempo que contribúe a reforzar a actividade da hostalaría e a ofrecer unha programación de lecer tanto para a veciñanza como para as persoas que visitan a localidade nestas datas”, explica o Concello de Burela.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, destacou o traballo realizado...
leer más



