Moncho Reboiras
A Vicepresidencia da Deputación organiza para este xoves, día 30 de xullo, en Viveiro un acto de recoñecemento e divulgación da figura de Moncho Reboiras, “vítima da represión franquista. O acto artéllase arredor da presentación do libro 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras 1975-2025, editado no marco das actividades impulsadas pola Fundación Moncho Reboiras, a Fundación Galiza Sempre e a Fundación Terra e Tempo para homenaxear e dar a coñecer á sociedade galega a traxectoria militante e vital de Reboiras, asasinado pola policía franquista en Ferrol en agosto de 1975”.
O acto, que se celebrará ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Viveiro, contará con intervencións da Francisco Luis Rodríguez Guerreiro, compañeiro de militancia de Moncho Reboiras, e Francisco Rodríguez, presidente da Fundación Terra e Tempo.
...
leer más



