Pilar Falcón
26/08/2026
Este xoves, día 27 de agosto, ás 19:00 horas o Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo acollerá a presentación do libro titulado Hablar es un placer. Oratoria efectiva para transformar con alma, da escritora e comunicadora Pilar Falcón. No acto intervirán a autora e o alcalde ribadense, Daniel Vega.
O Concello de Ribadeo anuncia que este acto será “un encontro para achegarnos á importancia da comunicación, da palabra e da oratoria como ferramentas para conectar, transmitir e transformar”.



