Volta ó cole

Etiquetas:
27/08/2026

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo arrinca o curso cunha nova campaña comercial para incentivar as vendas no comercio local durante a volta ó cole, que se desenvolverá do 28 de agosto ao 10 de setembro. Acisa sorteará 300 euros, repartidos en 3 premios de 100 euros cada un en vales de compra.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, anunciou: “iniciamos un novo curso e con el chega a campaña da volta o cole. Desde Acisa Ribadeo pretendemos incentivar que as compras do inicio do curso académico se fagan no comercio local. Esta é unha época de grandes vendas: libros, material escolar, uniformes, calzado, roupa de outono-inverno.... toca retomar a vida normal e para elo temos que prepararnos cos mellores produtos. E a mellor forma de facelo é confiando nas nosas tendas, onde podemos atopar todo o que...

leer más