Volta ao cole
A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir do martes 1 de setembro a campaña da volta ó cole co sorteo do valor de 5 tickets de compra subidos á APP ViveiroCCH. E explica: “nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para estas datas nas que as familias están a preparar a volta ó cole dos rapaces, e axudarlles dalgún xeito a facer mais levadeiros os gastos que acarrea. O xeito de participar é moi sinxelo, só hai que descargar a App ViveiroCCH, onde está habilitada a campaña, e subir os tickets de compra de calquera dos negocios asociados do 1 ó 20 de setembro de 2026 (ambos incluídos). Sortearemos a devolución do importe de 5 dos tíckets subidos (ata un máximo de 100 euros cada un), axudando deste xeito a que algún dos gastos do...
leer másFoz vive a aventura da volta ao cole do 31 de agosto ao 20 de setembro. Na cita participan 86 negocios locais. Acia Foz-CCA sorteará un pack de aventura familiar e 400 euros en vales de compra na campaña da Volta ao Cole.
Na presentación da campaña participaron o director xeral de Comercio da Xunta, Gabriel Alén, o presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, o alcalde, Fran Cajoto, e Pura García, directiva da asociación focense.
Paleo explicou que “aquelas persoas que realicen as súas compras no CCA de Foz por un importe superior aos dez euros participarán no sorteo dun pack de aventura familiar e 400 euros en vales de compra. Serán 4 premios de 100 euros cada un. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 21 de setembro”. Acia Foz-CCA reparte para esta campaña 35.000 papeletas entre os establecementos participantes....
leer más




