Concello de Muras
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Muras colaboran co Club Ciclista Viveiro na organización do Gran Premio Ciclista Concello de Muras, que se disputará o 19 de setembro.
O vicepresidente da Deputación, Efrén, Castro participou, xunto co alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e membros do Club Ciclista Viveiro, na presentación do Gran Premio Ciclista Concello de Muras, que tivo lugar na Praza da Galeguidade deste concello chairego.
A Vicepresidencia da Deputación explica que esta proba, que se disputará o sábado 19 de setembro, forma parte do campionato de Galicia de ciclismo por estrada, e competirán as categorías femininas, así como as cadete e infantil masculinas. A competición desenvolverase nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura, e con...
leer más



