60 anos
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que colaborará na organización das actividades preparadas pola SD Burela para conmemorar o sesenta aniversario do club, que este mes de outubro cumpre seis décadas de participación continuada en competicións federadas.
O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro; o deputado de Mocidade, Daniel García; e o tenente alcalde de Burela, Mario Pillado; mantiveron este mércores unha reunión con Jairo Campo, presidente da entidade, na que abordaron o programa de actividades previstas, “centradas na historia da SD Burela como referente deportivo e na súa dimensión social”.
Efrén Castro e Daniel García valoraron “o interese do club por botar a vista atrás e recoñecer con este aniversario a labor das persoas que se implicaron ao longo do tempo na continuidade do proxecto deportivo” e destacaron “que iniciativas coma este demostrara...
leer más



