Xoán Curiel

11/11/2026

O Concello de O Vicedo anuncia que este sábado, día 14 de novembro, de 11 a 13 horas vaise celebrar unha actividade “moi interactiva” na Casa da Cultura do Vicedo. Trátase dun obradoiro de expresión corporal, que correrá a cargo do Cantautor e actor Xoán Curiel. É unha actividade “dirixida a todas aquelas persoas interesadas en descubrir, recoñecer e ampliar as súas capacidades expresivas”. 

Xoán Curiel é un artista galego, actor, músico e cantante profesional. “Desde  fai varios anos profundiza no campo da expresión. Ten traballado como docente de técnicas de expresión corporal e da voz dende o ano 1999. Formado en interpretación, teatro musical, clown, danza contemporánea no Estudio de Juan Carlos Corazza (Madrid), Eolia (Barcelona) e Espazo Aberto (Santiago de Compostela), así como noutras disciplinas escénicas e corporais”, explica o...

leer más