Partitura

Etiquetas:
18/11/2026

Baixo o lema Notas pola Igualdade: Mural Musical, o alumnado e as familias da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo encherán un pentagrama xigante con mensaxes e cancións pola igualdade. A iniciativa permanecerá activa durante toda a semana no vestíbulo da escola para fomentar a reflexión e a sensibilización a través da música.

Desde a EMMeD o seu responsable, Hugo García, explica que “co gallo da conmemoración do 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller), a Escola Municipal de Música e Danza pon en marcha a iniciativa artística e pedagóxica Notas pola Igualdade: Mural Musical, unha proposta colaborativa destinada a implicar a toda a comunidade educativa na loita contra a violencia machista”.

E subliña que “o eixe central da actividade sitúase no propio vestíbulo da escola, onde...

leer más