Amigos da Gaita
A asociación ribadense Amigos da Gaita Galega organiza un magosto en Ribadeo para este sábado, día 29 de novembro. Será na rúa Rodríguez Murias desde as 12:30 horas.
“Se queres desfrutar dunha xornada chea de música tradicional e sabor de outono, garda a data! Haberá música en directo, castañas asadas, boa compañía e barra con bebidas a prezos populares para que non falte de nada”, anuncia Amigos da Gaita.
O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá o día 26 de abril, sábado, ás 17:30 horas a décimo primeira edición do Festival Infantil de Folclore organizado pola asociación ribadense Amigos da Gaita Galega, coa colaboración do Concello de Ribadeo.
“Volve a maxia da música e da danza tradicional coa alegría dos máis pequenos! O Sábado 26 de abril ás 17:30 horas o Auditorio Municipal Hernán Naval acollerá o Festival Infantil de Folclore, un evento cheo de cor, son e tradición no que as novas xeracións serán as verdadeiras protagonistas. Unha cita perfecta para gozar en familia, descubrir o talento das crianzas e celebrar xuntos o noso patrimonio cultural. Anímate a vivir unha tarde única de música, baile e emocións!”, anuncia o colectivo organizador deste evento.
A asociación Amigos da Gaita Galega, de Ribadeo, organiza un magosto na rúa Rodríguez Murias da vila ribadense o día 5 de decembro, xoves, a partir das 18:00 horas. Haberá castañas, chocolate e música
“Chega o frío e o corpo pide quentura. Témosche a solución! Chocolate quente , castañas asadas e uns bailiños”, anuncia Amigos da Gaita Galega.







