A ACD Xove organiza unha ruta pola Fragavella, na Serra do Xistral, o 23 de outubro. A inscrición está aberta.

A ACD Xove organiza unha ruta pola Fragavella, na Serra do Xistral, o 23 de outubro. A inscrición está aberta.
 
O grupo de sendeirismo da ACD Xove organiza unha ruta para o domingo 23 de outubro, pola Fragavella (Serra do Xistral-Concellos de Mondoñedo e Abadín).
 
Esta ruta polos montes da Fragavella está a 15 quilómetros da cidade de Mondoñedo e colle os concellos de Mondoñedo e Abadín. Nela atópase unha gran diversidade de flora e fauna autóctona que no outono é moi visitada pois toda ela produce unha gran variedade e cantidade de cogumelos. De feito o empresario de orixe xaponés Katuza Kimura elexíu no ano 1985 este lugar para o cultivo de setas orientais a nivel industrial. Pero a principios dos anos 90 abandonou a súa explotación por problemas co subministro eléctrico na zona. Tamén existe na Fragavella unha finca propiedade da Xunta de Galicia, destinada á cría de cervos e vacas de raza cachena.
 
A saída para esta ruta o 23 de outubro será de Xove ás 9:15 horas. As inscricións poden facerse na Piscina Municipal de Xove ou no número de teléfono 618 976 159.